ConcellosÚltima hora

A Mancomunidade Navea-Bibei agradece as doazóns á residencia de maiores de Trives

Mensaxe de ánimo no exterior da residencia de maiores de Trives./ Foto cedida.

 

A residencia da terceira idade da Pobra de Trives, dependente da Mancomunidade Navea-Bibei, vén de recibir diversas doazóns tanto de particulares como de empresas. Ante estes xestos de apoio, o presidente da mancomunidade, Miguel Sierra, vén de emitir un comunicado de agradecemento en nome da dirección do centro de maiores.

Así a residencia “recibe con gratitude o ofrecemento dunha doazón particular, que vén da familia dunha persoa usuaria do centro, consistente no convite a todos os residentes para que desfruten dun menú de cordeiro no propio centro, coa súa correspondente revisión polos servizos sanitarios”, indica Sierra.

Por outra banda, dende a mancomunidade tamén se expresa o agradecemento á cadea de supermercados Gadis pola doazón duns lotes de botellíns de auga para o persoal da residencia e á Fundación Obra Social Abanca (a través do seu coordinador provincial) a entrega dun lote de material de protección individual, consistente en mascarillas e pantallas de protección.

Artigos relacionados

Back to top button
Close