PolíticaÚltima hora

A Mancomunidade Navea-Bibei tivo pleno xusto antes do confinamento e “non foi posible celebrar ningún outro”, di o seu presidente

O presidente da Mancomunidade do Navea-Bibei.

 

Ante o comunicado remitido por Son de Trives pedindo explicacións sobre a situación da Mancomunidade Navea-Bibei, o presidente desta institución e concelleiro socialista de Trives Miguel Sierra sinala que esta entidade celebrou un “pleno xusto inmediatamente antes do inicio do estado de alarma. Como debería coñecer o concelleiro de Son de Trives, suspendéronse por mor do confinamento e a recomendación de non celebración dos mesmos”.

Miguel Sierra tamén indica que “actualmente estivemos un tempo sin secretario no Concello e vén de cubrirse a praza recentemente, do que é coñecedor este concelleiro, polo que non foi posible celebrar ningún outro con anterioridade. Agora pide un pleno pero sorprendentemente non pide ningún punto a tratar no orde do día? Hai que ser máis serios”.

Así mesmo, o presidente da Mancomunidade indica que “durante este tempo este señor non se dirixiu ao órgano de goberno da mancomunidade en ningún momento nin para ofrecer axuda, tendo en conta a situación excepcional pola que atravesamos amosando un comportamento impropio de ninguén preocupado polo pobo. Debo agradecer ao resto de membros da mancomunidade a súa disposición en todo momento mentres afrontei os momentos de decisións máis difíciles. Algo se está a facer ben cando dependendo da mancomunidade un xeriatrico non houbo nin un só contaxio e iso consíguese con traballo, implicación, dedicación e colaboración dos traballadores e do resto de membros de este ente”.

Finalmente, Sierra sinala que “eu son partidario de que o traballo diario que levo a cabo fale por min, outros como apostan por buscar notoriedade e o que amosa é que descoñece as competencias e atribucións da presidencia, pero tamén que non é consciente da situación tan dura pola que atravesamos”.

Artigos relacionados

Back to top button