DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A marcha solidaria Memorial Anxo de Sousa da Rúa convida á participación

A iniciativa, organizada para recadar fondos para a Fundación Andrea, celebrarase o 2 de marzo

Co obxectivo de recadar cartos para colaborar coa Fundación Andrea de apoio a nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais, con sede en Santiago de Compostela (www.fundacionandrea.info), organízase o Memorial Anxo de Sousa Pérez, unha marcha solidaria e non competitiva en memoria do xove rues falecido hai uns anos tras unha longa enfermidade.

A súa irmá Noelia de Sousa (organizadora do evento) e a súa nai Antonia Pérez, presentaban na mañá do 18 de febreiro a IV edición desta iniciativa que se celebrará o 2 de marzo. O acto tila lugar no Concello da Rúa e tamén estiveron presentes o alcalde Luis Fernández, o concelleiro de Deportes Avelino Fernández, Andrea Pérez (prima de Anxo) e Sabela Pérez que está colaborando na organización.

Como nas edicións anteriores, a saída terá lugar ás 16h. desde as proximidades da Igrexa de Fontei e a marcha concluirá no Miradoiro do Barranco Rubio, xunto ao monolito adicado a Anxo. A distancia aproximada é de 5 quilómetros e os participantes poderán facer o percorrido andando, en moto ou en bicicleta.

A inscrición custa 10 euros e está aberta a todas as idades, podendo facerse de dúas formas. Unha delas é online cubrindo o seguinte formulario  https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc1yFYe_5uXYIOJmew5Yaou9aRwnfj0DaVkdvHPebO_EQEE_w/viewform?vc=0&c=0&w=1. A outra é presencial nos seguintes establecementos: Librería Lipor (C/ Dr. Vila, 14, A Rúa), Deportes Tri-sport A Rúa (C/ Progeso, 52) e O Barco (Av. Da Estación, 12) e Gastrobar La Querida (C/ Abdón Blanco, 10, O Barco). A inscrición on line remata o 27 de febreiro e a presencial estará aberta ata o venres 1 de marzo ás 18h.

Na presentación, Noelia de Sousa animou á xente a participar por unha boa causa, asegurando que contan coa colaboración de moita xente. “Practicamente todos os comercios da Rúa e moitos do Barco e Petín, ademais do Concello e clubs, sobre todo de fútbol de primeira división, que nos enviaron artigos para sortear”, dixo, adiantando que o sorteo realizarase trala proba (aproximadamente sobre as 19h.) na Casa da Cultura.

Artigos relacionados

Back to top button