DeportesÚltima hora

A mascarilla será obrigatoria en Galicia na práctica deportiva que supoña contacto físico entre as persoas

Así se estipula na orde do 17 de setembro do DOG sobre modificación de determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo Covid-19

 

O uso obrigatorio de mascarilla esténdese a novos espazos, chegando ás competicións deportivas. A Xunta vai autorizar a práctica de deporte federado, xa sexa individual ou colectiva, pero extremando as precaucións. Cada federación terá protocolos propios, pero a máscara será común a todos eles.

Así se recolle no Diario Oficial de Galicia (DOG) publicado este venres 18 de setembro, sobre modificación de determinadas medidas previstas no acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo Covid-19.

A orde, asinada polo recén nomeado conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña, especifica que na realización de adestramentos e na celebración de competicións dentro da actividade deportiva federada de competencia autonómica, “aplicarase o recollido específicamente no protocolo das federacións deportivas respectivas”, aprobado pola Secretaría Xeral para o Deporte, tendo en conta que nese protocolo debe “preverse que, cando a actividade deportiva supoña contacto físico entre as persoas que a practican, deberá utilizarse a mascarilla”.

A orde tamén estipula que “sempre que sexa posible, durante a práctica da actividade deportiva deberá manterse a distancia de seguridade interpersoal”.

A disposición publicada no DOG pode consultarse aquí:

AnuncioC3K1-170920-8_gl

Artigos relacionados

Back to top button