DeportesÚltima hora

A máster Mónica Restrepo (Tres Lunas) imponse no campionato de España de ultramaratón

A corredora berciana Mónica Restrepo, que compite co club valdeorrés de ciclismo Tres Lunas D.O. Valdeorras -Vauto vencía o 14 de abril na categoría Máster 30 no Campionato de España de Ultramaratón, celebrado en Huelva Extrema.

Dominou a proba dende o principio “completando un percorrido de case 200 km, con 3.000 metros de desnivel acumulado, en 9 horas 58 minutos, e conseguiu cruzar a liña de meta en terceira posición da xeral feminina, só por detrás das Élite, Susana Alonso (Extremadura Ecopilas) e María Díaz Pernía”, segundo se indica dende o club.

Moi preto do podio quedaba o seu compañeiro de equipo en Élite, Brandán Márquez, que chegaba a meta 3 minutos despois do segundo e terceiro clasificados.

 

Artigos relacionados

Back to top button