SanidadeÚltima hora

A matrona María Belén Vázquez, do Hospital de Verín, acada o primeiro premio do Congreso Nacional de Psicoloxía

Conseguiu esta posición grazas ao seu traballo “Prevalencia da depresión no embarazo: utilidade da Escalade Depresión Postparto de Edimburgo”

 

 

A matrona María Belén Vázquez, do Hospital de Verín, vén de acadar o primeiro premio á mellor comunicación no IV Congreso Nacional de Psicoloxía, celebrado en Vitoria-Gasteiz, co traballo “Prevalencia da depresión no embarazo: utilidade da Escalade Depresión Postparto de Edimburgo”.

A comunicación de Mª Belén Vázquez tenta resaltar a importancia desta ferramenta de avaliación como instrumento de cribado para detectar sintomatoloxía depresiva no embarazo en mulleres españolas, e xustificar así o seu uso máis adecuado con esta poboación fronte a outras escalas xerais, ademais de proporcionar datos da
prevalencia achada co devandito instrumento.

 

 

O traballo desta profesional sanitaria que foi tutelado por Mª Carmen Míguez Varela, profesora titular do Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, foi realizado cunha mostra de 569 mulleres cun embarazo de baixo risco, no seu primeiro trimestre de embarazo, atendidas nas consultas de obstetricia do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense para o seguimento rutineiro da súa xestación e cun rango de idade comprendido entre os 18 e os 45 anos.

Este estudo conclúe que utilización da EPDS (Escala de Depresión Postparto de Edimburgo) durante o embarazo permite a detección temperá da presenza de sintomatoloxía depresiva e, de tratarse, poderíase evitar que se prolongase ao postparto, o cal contribuiría a mellorar o coidado da etapa perinatal.

Artigos relacionados

Back to top button