ConcellosÚltima hora

A maxia de Oriente, en Viana do Bolo

Os Reis Magos, no pavillón de Viana do Bolo./ Foto cedida.

Coa visita dos Reis Magos o 5 de xaneiro completábase o programa de actos de Nadal en Viana do Bolo. Arredor das catro e media da tarde Melchor, Gaspar e Baltasar iniciaban un longo percorrido pola vila que concluía, sobre as cinco e media, no pavillón polideportivo.

Unha vez alí, as súas Maxestades de Oriente achegábanse aos cativos, saudábanos e recollían as súas peticións para a noite de Reis. Ademais no pavillón, os nenos recibían agasallos e podían disfrutar de inchábeis. Despois estaba prevista unha chocolatada para os asistentes.

Esta actividade de Nadal ten sido organizada polo Concello en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais Bibei de Viana do Bolo.

 

Artigos relacionados

Back to top button