CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A maxia dos Reis de Oriente, en Manzaneda

A neve e o frío non eran un obstáculo para os Reis Magos que na tarde do 5 de xaneiro visitaban a vila de Manzaneda. No seu percorrido pasaban a saudar aos maiores da residencia da terceira idade deste concello e logo a cabalgata real dirixíase cara o Espazo de Lecer onde era recibida en medio dunha gran expectación polos máis cativos.

Unha vez alí, as súas maxestades de Oriente reuníanse cuns ilusionados nenos e, de seguido, servíase unha chocolatada para todos. A tarde continuaba con máis maxia, desta volta a que despregaba o Mago Paco no seu espectáculo “Ledicias”.

Fotos: Clemente Pérez Arias

Artigos relacionados

Back to top button