EconomíaEconomíaEntroido 2020Última hora

A Mázcara, en Manzaneda, o primeiro restaurante efémero de Entroido en Galicia

O Pazo da Pena (Manzaneda) e o Restaurante Merenzao (Doade) promoverán esta novidosa iniciativa durante o tempo do Carnaval

Interior do Pazo da Pena en Manzaneda./ Foto cedida polo Pazo da Pena.

 

Despois do éxito acadado na tempada 2019, o Pazo da Pena de Manzaneda (Ourense) e o Restaurante Merenzao (Doade, Lugo) reabrirán as portas do primeiro restaurante efémero de Entroido en Galicia: A Mázcara.

“Esta novidosa experiencia gastronómica terá lugar os días 21, 22 e 23 de febreiro nun espectacular pazo do século XVI en Manzaneda, e estará asinada polo chef monfortino Carlos Javier González”, explican dende o Pazo da Pena.

Co nome da A Mázcara réndese homenaxe ao personaxe ancestral do Entroido de Manzaneda (declarado Festa de Interese Turístico de Galicia), sobre o que se fundamenta a filosofía deste restaurante efémero: “a exaltación da cultura gastronómica propia do Entroido da montaña galega, a través dunha cociña coidada e elegante baseada no produto local e de tempada”, segundo o Pazo da Pena.

 

 

Este establecemento de hostalaría de Manzaneda funciona como aloxamento de luxo dende o ano 2015 e, na actualidade, sitúase como o pazo de turismo rural mellor valorado da RibeiraSacra. Pola súa banda, o Restaurante-Vinoteca Merenzao, propiedade do chef Carlos Javier González, permanece pechado durante a tempada invernal, favorecendo así o desprazamento do seu equipo para dar forma, por segundo ano consecutivo, a esta experiencia gastronómica.

A Mázcara só disporá de catro servizos que terán lugar durante a fin de semana do Entroido, e as reservas xa se atopan abertas:
· Venres 21 A Cea
· Sábado 22 O Xantar
· Sábado 22 A Cea
· Domingo 23 O Xantar

Reservas:
+34 674 225 854 // + 34 988 333 038 // informacion@pazodapena.com

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close