OurenseÚltima hora

A Mezquita recibe o ciclo musical “Camiños Sonoros”

Esta cita terá lugar o vindeiro domingo 14 de xullo na igrexa de San Martiño

O ciclo “Camiños Sonoros” chega á Mezquita este vindeiro domingo 14 de xullo. Os alumnos do Conservatorio Musical de Xinzo de Limia serán os encargados de encher de música a igrexa de San Martiño ás 20:00 horas. Ademais, contarase coa presenza do actor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, Giuliano Lacelotti.

 

Cartel.

 

José García, Xosé Fernández e Aldara Rodríguez, ao piano, clarinete e frauta travesa, respectivamente, abrirán esta actuación interpretando temas de Coboflupi ou Jost. Así, a continuación, José García, ao piano, tocará temas de Chopin, Albeniz e Turina, e por último, Hugo González, tamén ao piano, interpretará composicións de Mozart e Chopin.

Sen embargo, a Mezquita non é a única parada dos “Camiños Sonoros” esta fin de semana, xa que tamén haberá actuacións no Mosteiro de Carboeiro, en Silleda. Marta Rama, alumna do Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela será encargada de abrir os concertos neste enclave o venres 12 de xullo ás 19:00 horas. Así, o sábado 13, comezará ás 20:00 horas da man de alumnos do Conservatorio Musical de Xinzo de Limia.

 

Marta Rama, do Conservatorio Profesional de Santiago, durante unha actuación.

Artigos relacionados

Back to top button