ColaboraciónsOpiniónPremio Literario M. Tremiñá

A miña cuestión, a miña resposta

Terceiro premio da Categoría B (XII concurso literario do Mercado Medieval de Veigamuíños)

Felicidade si, unha bonita palabra, un sentimento… Eso é o que calquera respondería a cuestión que acaban de facerme: “Que é a felicidade para ti?”. Levo dándolle voltas a esta cuestión dende que tiña sete anos, a primeira vez que ma fixeron, antes de que o coche do meus pais, con eles dentro, a miña irma pequena, o meu irman maior e mais eu chocara en aquel accidente de trafico pola culpa do home que viña bebido que meteouse no noso carril, facendo que meu pai maniobrara para evitar o accidente, pero foi en vano.

O coche estrellouse contra unha arbore que se mal non recordó era un roble que estaba xunto a estrada. Meus irmans mais eu logramos sair do vehiculo, grazas a axuda dos meus pais, pero ao sair o coche caeu polo barranco a baixo e a miña irma coa sua dulce inocencia foi tras meus pais para estar con eles, pero sen saber que ese acto de amor levariala a norte, e o meu irman nun intento de salvala caeu tras ela hacia o vacio, deixandome soa, sí alí estaba eu, só eu acompañada do mobil dos meus pais, o sangue que brotou do brazo do meu irman por un corte ao sair pola venta do coche; é a miña tristeza.

Chamei a urxencias e viñeron o mais rápido posible, pero xa non había nada que facer, pero o corazon dos meus pais e dos meus irmans xa deixaran de latir, e sentía que os latidos do meu corazón xa non tiñan sentido, “Que faría eu soa no mundo?”

Dez minutos despois un medico de urxencias chamado Ross, que era louro de ollos azuis con preocupación neles atendeume xunto con laura, unha asistenta social que abrazoume, mentres as bágoas que xermolaban sen mais dos meus ollos, se deslizaban polas miñas rosadas meixelas, á vez que me preguntaba se sabia se tenia algún familiar con quen poder contactar.

Eu non a tiña, os meus avós paterno xa tiñan morto ao igual que o meu avó materno, e a miña avoa materna levaba en coma xa catro anos e non había ningún indicio de que fose a espertar. Os meus pais eran fillos únicos ao igual que os meus avós, polo que non tiña nin tíos nin tíos avós.

Ao decatarse disto, Laura decidiu levarme ao orfanato, despois dunhas semanas con ela, cando todo se calmase xa un pouco.

Nesas semanas pasaron moitas cousas, detiveron o condutor do coche que me causou tanto dor, grazas á descrición pobre pero suficiente que puiden dar ao debuxante da policía, eu con só 7 anos xa me sentía como un adulto. Ao condutor detivérono por asasinato involuntario e por conducir en estado de embriaguez.

A miña avoa espertou da coma, e cando por fin me deixaron vela, ao contarlle o que sucedera, a miña avoa sufriu un fallo cardíaco, e morreu nese instante, non sé se foi pola pena de saber a morte da súa filla ou pola pena que sentiu ao ver a tristura e a dureza nos meus ollos.

O meu mundo esbarrallouse o primeiro día que entrei no orfanato, pois din todo por perdido, eu cría que ninguén querería adoptar a unha nena que tras o trauma de ver morrer a súa familia tería problemas psicolóxicos. Dende que entrei no orfanato, aquel lugar que agora era a miña casa que cada día recordoume que os meus pais e meus irmáns xa non estaban comigo, a maior parte do tempo que pasei nel estiven na miña cama, escondida, practicamente apartada do mundo, esperando encontrar algunha cara amiga, alguén que cambiase a miña vida, a miña penosa e frustrante vida que transcorría lentamente naquel lugar que agora era a miña casa. Cando pasara xa un ano dende que cheguei eu xa perdera toda a esperanza de volver ter unha familia que me quixese e me aceptase, eu soñara con que a miña familia volvera, que vivesen de novo, que viñeran por min.

Aquel día, esa fecha: vinte e nove de abril, pensei que sería o peor día da miña vida, pensei que sería o mais triste e o mais frustrante que viviría, pensei que non podería aguantalo: o meu aniversario, o primeiro que pasaba sen meus pais e meus irmáns. Aquel día as coidadoras foron moi boas e as miñas amigas Cristina, María e Lucía (unhas amigas que fixen despois de dous meses de chegar ao orfanato) estas chicas fixeron que o meu aniversario non fose tan triste. Fixéronme un pastel, e déronme dous presentes, un osiño de peluche cun corazón e o presente mais grande que podían brindarme, doume conta agora, hoxe pensando en todo o que vivín, fixéronme sorrir, brindándome a súa amizade. Agora doume conta da sorte que teño por telas na miña vida. Por que se que nunca falláronme nin o farán por que aínda que pelexémonos somos amigas, en verdade somos irmás, sí, irmás, porque aquel día 29 de abril, Ross, aquel médico que atendeume tras o accidente dos meus pais viño ao orfanato acompañado de Laura a asistente social que agora era a súa muller coa intención de levarme con eles para formar unha familia. Eles adoptáronme a min, a Cristina, María e Lucía.

Isto fixo que sexamos irmás e que eles sexan os nosos pais que , que nos queren tanto, nos coidan , nos miman e de vez en cando nos regañan , iso faime estar feliz e ter as miñas irmás tamén pois cada vez que as veo recordo que teño unha segunda oportunidade de ser feliz, sei que podo reorganizar a miña vida, tamén sei que a miña actual familia non substituirá a miña familia biolóxica e eles tampouco pretenden facelo, eles solo quérenme por como son e saben que ao adoptarme tamén adoptaron os meus defectos e calidades ao igual que os meus traumas psicolóxicos, eles o saben, eu o sei, todos o sabemos, somos unha familia e querémonos, e iso faime feliz, ademais ven un irmán en camiño e iso faime mais feliz aínda.

Sabemos que somos unha faamilia e nada o cambiará, así que se teño que responder a esa pregunta que acábanme de facer: “Que é a felicidade para ti?” Son capaz de responder en dúas palabras, cinco sílabas e once letras: MIÑA FAMILIA

Agora iso e o que me fai feliz, a miña familia, o mais importante no mundo para min, todo o que eu necesito, aquelas persoas que acolléronme na súa casa, na súa vida, na súa alma, no seu corazón, neles mesmos, esas persoas son a miña familia .

A miña familia é a miña propia vida, a miña felicidade é todo o que teño , o que levo buscando tanto tempo e ao fin encontreino nas persoas que menos esperaba.

Esa pregunta ten sempre a mesma resposta pois da igual cal sea a primeira resposta que des, pois no fondo da sempre saberás que é a túa familia e o mais importante na túa vida, aínda que non sempre estes de acordo coas súas opinións sempre apoiarante e farante feliz por iso a familia é o mais importante que temos na vida, nada poderá substituílo é todo quedara reducida a iso a túa familia por que sempre veras que familia solo hai unha. Aínda que eu na miña vida haxa tido dúas nais e dous pais sempre sabrei que as dúas son o centro do meu universo e eu o centro do seu polo que sempre serei feliz de que a miña familia sexa a miña felicidade e estarei orgullosa por sempre de que sea así.

O único desexo que teño é que nunca nos separemos e que todo siga sendo como ata agora, sei que so pasaron sete anos dende que teño esta familia pero sei que o noso amor prevalecerá, así que a miña Ohana, a miña Familia, my Family, mi Familia, ma Famille… é o mais importante que teño e por eso o único que podo facer e darlles as grazas por ser o que son, hoxe no meu 15º aniversario non quero que me den presentes, se non que debería darlles eu un, por brindarme a oportunidade de ser feliz e por quererme tanto pero o maior presente que podo darlles é dicirlles: “Grazas por estar en mi vida, os amo moito e sodes a miña razón de ser feliz grazas por estes sete anos xunto a vos e grazas por os seguintes anos que viviremos xuntos”.

Milagros Akker Pfirter

Artigos relacionados

Back to top button