ConcellosEn portadaFolgoso de CaurelQuirogaRibas de SilÚltima hora

A minería aurífera romana abrirá o “Outono Xeolóxico nas Montañas do Courel”

Este ciclo ncluirá tres xornadas, a primeira das cales terá lugar o 26 de setembro en San Clodio e centrarase no legado do ouro romano na zona

Interior dunha das covas do Medo, froito da minería aurífera romana en Margaride (Quiroga)./ Foto: Ángeles Rodríguez.

 

Entre os meses de setembro, outubro e novembro o Xeoparque Montañas do Courel organizará o primeiro “Outono Xeolóxico nas Montañas do Courel”. Trátase dunhas xornadasa nas que, ao longo de tres fins de semana distintos, abordaranse temas como a minería aurífera (26 setembro en Ribas de Sil), o glaciarismo (3, 4 outubro en Quiroga) e as rochas do Xeoparque e a ruta das aldeas Paleozoicas (20 e 21 novembro en Folgoso do Courel).

“Todas as xornadas, ademais de ponencias, contarán con saídas sobre o terreo para achegarse a coñecer in situ algúns dos principais recursos cos que conta o Xeoparque dentro das temáticas de cada xornada”, tal e como indican dende a organización.

Así, a primeira proposta deste interesante ciclo será “Ouro, romanos e Montañas do Courel”, o 26 de setembro no salón de actos de San Clodio (Ribas de Sil). A xornada comezará ás 11h. e a primeira as ponencias correrá a cargo de Mercedes Fuertes, da Univesidade de Oviedo, quen falará sobre “O ouro romano que uniu a Maragatería leonesa coas Montañas do Courel”. Deseguido, intervirá Luis López de Terra Arqueos SL cunha ponencia sobre “O impacto da minería aurífera romana nas sociedades castrexas da Serra Oriental Lucense”.

A sesión continuará co arqueólogo Iván A. Álvarez Merayo cuxa exposición se centrará no tema “Un novo recurso para o Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel. O CIMAR, Centro de Interpretación da Minería Aurífera Romana”.

 

 

O programa continuará cunha saída de campo na que poderán verse diversos recursos de minaría aurífera romana na zona sur do Xeoparque: Margaridade, Miradoiro Pena de Ladeiro, Sequeiros.

A segunda xornada deste ciclo será en outubro en Quiroga e estará adicada ao “Glaciarismo e vexetación do pasado nas nosas montañas”, mentres que a terceira, xa en novembro, consistirá nos talleres formativos “As idades xeolóxicas e as rochas do Xeoparque”. Celebrarase no salón de actos do Concello de Folgoso do Courel.

A inscrición nestas xornadas é gratuíta pero tamén obrigatoria e deberá facerse a través do correo info@ribeirasacracourel.es. “Débese indicar o nome completo, lugar de procedencia, DNI e xornada na que quere participar. As prazas son limitadas, e asignaránse por orde de inscrición”, explican os organizadores.

Artigos relacionados

Back to top button