ConcellosÚltima hora

A ministra de Fomento, nas obras do AVE da Gudiña

Ana Pastor, acompañada de diversas autoridades, percorría o traxecto entre Vilariño de Conso e Vilavella
A ministra de Fomento Ana Pastor, acompañada por diversas autoridades na súa visita ás obras do AVE na Gudiña.
A ministra de Fomento Ana Pastor, acompañada por diversas autoridades na súa visita ás obras do AVE na Gudiña.

Na mañá do 13 de outubro a ministra de Fomento, Ana Pastor, achegábase ata o concello ourensán da Gudiña para comprobar o avance das obras do AVE no tramo comprendido entre Lubián (Zamora) e Ourense, de 100 quilómetros de lonxitude. Así, acompañada por diversas autoridades entre as que estaban os presidentes da Xunta e da Deputación de Ourense e os alcaldes da Gudiña e de Vilariño de Conso, entre outros; percorría o traxecto entre Vilariño de Conso e Vilavella.

No treito visitado destacan elementos como os túneis bitubos do Espiño e de Vilavella, de 15,8 km e 7,6 km de lonxitude, respectivamente, ademais da explanada na que se ubicará a Estación Porta de Galicia, na Gudiña.

Os Presupostos Xerais do Estado para 2015 contemplan un investimento de máis de 890 millóns de euros para o eixe Olmedo-Lubián-Ourense-Vigo, o que suporá un impulso ao desenvolvemento das obras da Liña da Alta Velocidade, que chegará a Zamora en 2015, estando prevista a entrada en servizo do resto da conexión con Galicia para o ano 2018.

A Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia, da que forma parte o tramo Olmedo-Zamora-Ourense, será cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a través do Programa Operativo de Galicia (2007-2013), cunha axuda estimada de 201,2 millóns de euros, segundo informa o Ministerio de Fomento.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button