CulturaCulturaÚltima hora

A mirada valdeorresa da exposición “Historia dunha Leica de James Rhodes”

Poderá verse ata finais de maio na Coruña e entre as 29 fotos que reúne figura unha do barquense Sindo Novoa

O Sindo Novoa xunto á fotografía coa que participa na exposición “Historia dunha Leica de James Rhodes”./ Foto cedida.

 

Neste venres 9 de abril vén de abrirse ao público na Sala de Exposicións do Pazo de María Pita da Coruña a mostra “Historia dunha Leica de James Rhodes”. Este singular proxecto expositivo nacía dun xeito espontáneo a través das redes sociais cando o pianista James Rhodes lanzaba unha curiosa proposta: agasallaría a súa cámara Leica Q2 á autora ou autor da fotografía que máis lle gustase entre as enviadas no twitter nos tres días seguintes.

Máis de 11.000 chíos despois, o músico afincado en Madrid e mais o seu veciño e actor Javier Cámara propuxeron a Leica Camera organizar unha exposición cunha selección das imaxes recibidas. Entre as 29 instantáneas seleccionadas estaba unha do fotógrafo valdeorrés Sindo Novoa. É unha panorámica da Vía Láctea sobre o Faro de Punta Nariga, en Malpica de Bergantiños.

Tras abrirse por vez primeira ao público en Madrid, a mostra “Historia dunha Leica de James Rhodes” recala agora na cidade da Coruña, onde poderá visitarse ata o 23 de maio.

Artigos relacionados

Back to top button