ConcellosEn portadaÚltima hora

A misa de Todos os Santos volve este ano aos cemiterios

No caso do Barco de Valdeorras, a celebración será ás 16:30 horas do luns 1 de novembro

Misa de Todos os Santos no cemiterio do Barco no ano 2019. /Foto A.R.

 

Co fin da situación de emerxencia sanitaria que estaba declarada dende o día 13 de marzo de 2020,  con incremento dos aforos ata o 100% e a ampliación dos horarios en hostalaría e ocio nocturno, a normalidade chega tamén ao ámbito eclesiástico, recuperándose neste ano 2021 a celebración no cemiterio da misa de Todos os Santos.

Así o confirma o novo párroco do Barco de Valdeorras, Jesús Álvarez Álvarez, adiantando que a celebración no cemiterio barquense será o luns 1 de novembro ás 16:30 horas, mantendo iso si, as medidas sanitarias. “Será obrigatorio o uso de mascarilla aínda que estemos no exterior e tamén do xel hidroalcohólico”, di o sacerdote, explicando que xa falou co concelleiro para organizar a celebración. “Coma sempre porán megafonía para que se poida seguir a celebración perfectamente e como é día festivo, teremos tamén unha misa na igrexa de Santa Rita ás 19 horas”, explica, asegurando que cada parroquia recuperará este ano a súa propia celebración no correspondente cemiterio.

 

Artigos relacionados

Back to top button