OurenseÚltima hora

A MIT concede o Premio Abrente 2019 de Textos Teatrais a José Luis Baños, polo seu texto “Asfixia”

Este traballo foi presnetado baixo o lema “Sobre humanos e porcos”

O xurado do 14º Premio Abrente de Textos Teatrais, convocado pola MIT de Ribadavia,  anunciou no día de hoxe, 23 de xullo, a concesión do galardón ao texto titulado “Asfixia” de José Luis Baños, presentado baixo o lema “Sobre humanos e porcos”.

 

Durante a presentación.

 

O xurado está presidido polo Director do festival, Roberto Pascual e composto pola dramaturga e actriz Avelina Pérez, polo actor Roberto Leal e polo director Álex Sampayo. Así, afirman que “se nos presenta unha peza áxil, irónica, con humor ácido, que funciona como metáfora da presión vital. Unha obra con distintas capas na recepción, que vai dende o anecdótico ata outros niveis de profundidade”.

O xurado destaca que o texto propón un interesante xogo teatral onde o aparentemente trivial e absurdo se vai transformando e crecendo eficazmente ata levar á persoa lectora a un tránsito por diferentes sensacións que tocan as convencións e o letargo rutineiro.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close