CulturaCulturaÚltima hora

A MIT de Ribadavia abre o pano

Antón Reixa leu o pregón
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Ribadavia acollía na tarde do 19 de xullo a inauguración da 29 edición da Mostra Internacional de Teatro. Nesta ocasión o pregón correu a cargo de Antón Reixa, quen loou a traxectoria da MIT facendo especial fincapé no papel dos actores e actrices. Coa súa intervención, Reixa daba paso a unha semana de teatro nacional e internacional.

O acto contou asemade coa presenza do conselleiro de Cultura Xesús Vázquez, que compartiu mesa co alcalde de Ribadavia Marcos Blanco, co director da Mostra Roberto Pascual e co concelleiro de Cultura de Ribadavia José Castro.

A inauguración da 29 MIT completábase coa visita á exposición sobre Roberto Vidal Bolaño na Igrexa da Magdalena.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button