CulturaCulturaÚltima hora

A MIT de Ribadavia presenta o seu programa para a súa trixésimo sexta edición

Terá lugar entre os días 17 e 27 de xullo en diferentes puntos da vila con inauguración na Praza da Madalena

A Mostra de Teatro Internacional (MIT) de Ribadavia presenta o seu programa para a edición de 2020, que se celebrará entre os días 17 e 27 de xullo en diferentes puntos da vila.

 

 

O venres 17 será a inauguración na Praza da Madalena acompañada da entrega do Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño ao mérito nas artes escénicas. Ás 21:00 horas comezarán as actuacións con “Emigrantas” e “Dreaming Jullet”.

O sábado 18 será o turno de “Non hai que ser unha casa para ter pantasmas” (Praza da Igrexa de San Xoán ás 13:00 horas e Praza da Madalena ás 20:00 horas), “La Madeja” (La Alameda), e “Fariña” (Auditorio Rubén García do Castelo). Mentres que o domingo comezará cunha sesión vermú para a presentación do libro “Asfixia” na Praza Maior. As actuación comezarán ás 20:00 horas e serán “Tres vellas (polo menos), na Praza da Igrexa de San Xoán; e “Rebota rebota y en tu cara explota” no Auditorio Rubén García do Castelo.

 

Programa da actividade.

 

A semana comezará co programa SputMIT que engloba a actuación “Papar sen cancelas”, e o Auditorio Rubén García do Castelo acollerá “Hoy puede ser mi gran noche”. O martes será o turno de “Só”; o Foro Mit sobre “teatro documento, realidade e ficción”, e de “Liberto”.

O mércores repetirá “Só” e terá lugar o encontro aberto na Praza “Residencia Paraíso”. Ademais, ás 23:00 horas será o turno de “O mel non caduca”. O xoves abrirao “Contos de dragóns e leóns” e rematará con “Leira”; mentres que o venres actuará “Copyleff” e “Tierras del Sud”.

 

Programa da actividade.

 

Os últimos días comezarán cunha sesión vermú o sábado e a presentación do libro “Melancoholemia”; o espectáculo “Pink Unicorns” e “Doña Rosita Anotada”. Mentres que o domingo tamén haberá unha sesión vermú para a presentación de Mundoescenico.gal; e as representacións “Dinstans” (Alameda) e “Sueños y visiones de Rodrigo Rato” (Auditorio Rubén García do Castelo).

O luns 27 pecharase a edición coa resolución do XV Premio Abrente e a comunicación do Premio do Público ás 12:00 horas, para rematar co Foto DramaturGa na Alameda.

Artigos relacionados

Back to top button