OurenseÚltima hora

A MIT Ribadavia acolle un obradoiro aberto da man da escenógrafa Irene Castro

Esta cita terá lugar mañá 12 de xullo e pasado na igrexa da Madalena ás 20 horas

A Mostra Internacional de Teatro Ribadavia (MIT) abrirá as actividades do seu 35 aniversario co obradoiro aberto “Mirar arriba e mirar dentro”, da escenógrafa Irene Cantero. Terá lugar mañá e pasado, 12 e 13 de xullo na igrexa da Madalena ás 20 horas. “Os corpos terrestres, os corpos celestes e a luz, quero propor un obradoiro de observación e exploración anatómica e espacial aberto ao público en xeral”, explica a encargada do obradoiro.

 

Irene Cantero na igrexa da Madalena

 

Esta mostra forma parte das Residencias Paraíso, un programa de residencias artísticas de investigación e creación arredor da danza e as artes vivas contemporáneas en Galicia. Pretende fomentar a aparición de novos proxectos de creación, impulsar a formación de novas agrupacións de artes do movemento, así como alimentar as necesidades das compañías consolidadas do territorio galego durante os seus períodos de creación.

Para participar neste obradoiro é preciso inscribirse enviando un correo a: rpmcolectivo@gmail.com

Fotos: Facebook MIT Mostra Internacional de Teatro Ribadavia

Artigos relacionados

Back to top button