OurenseÚltima hora

A MITEU regresa a Ourense cunha ampla programación do 12 ao 23 de abril

A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense amosará preto de 30 representacións en diversos espazos da cidade
Presentación da 23ª MITEU no Teatro Principal de Ourense.

28 grupos; 7 países; 12 espectáculos; un curso; charlas. Teatro, danza, música, circo, rúa… Cunha completa programación se presenta a 23ª MITEU que se desenvolverá en diversos espazos da cidade das Burgas entre o 12 e o 23 de abril.

A presentación desta edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense tiña lugar na mañá do 23 de marzo no Teatro Principal de Ourense contando coa presenza da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, do vicerreitor do campus de Ourense, Virxilio Rodríguez; da directora do Teatro Principal, Olga Mojón; do técnico de Cultura do Concello de Ourense, Manuel Freire; e do director da mostra, Fernando Dacosta.

A MITEU é unha das citas de referencia do teatro galego por traxectoria, contidos e resposta do público, que conta ca colaboración da Xunta a través da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A ese respecto, a delegada asegurou que grazas á Mostra “a nosa cidade convértese nun espazo de encontro de intérpretes, directores, e público onde se dan a coñecer propostas artísticas achegadas desde distintos lugares e se ofrece unha oferta de calidade cunha ampla proposta de xéneros e estilos”. A edición deste ano conta coa participación de compañías e grupos universitarios achegados desde Portugal, Marrocos, Perú, Italia, Guinea Ecuatorial e Canadá, xunto con formacións galegas e doutras comunidades españolas.

 

Cartel desta edición da MITEU.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button