CarballedaConcellosÚltima horaVídeos

A mobilización veciñal tamén freaba o lume noutras localidades de Carballeda como Viladequinta

 

A reacción e a colaboración veciñal tamén impedía que o lume entrase na tarde e noite de onte noutras localidades do municipio de Carballeda de Valdeorras como Viladequinta ou Bascois.

No caso de Viladequinta, onde as chamas se aproximaban a última casa da parte baixa do pobo, os veciños saían con pas para facer cortalumes e tamén con mangueiras para evitar que o incendio se metese no núcleo, apagándoo por baixo. Tamén chegaban dúas brigadas.

 

 

As chamas aproximábanse bastante a Viladequinta, pero ao final lograban frearse e impedir que entrasen na localidade.

Imaxes e vídeo cedidos.

https://youtube.com/shorts/rFbWqLbcHTg?feature=share

Artigos relacionados

Back to top button