CulturaCulturaEn portadaGalerías de fotosMúsicaÚltima horaVídeos

A mocidade valdeorresa desfruta na ‘GOOM Urban Edition’ ao ritmo dos mellores dj’s

O primeiro festival urbano de Valdeorras celebrábase na noite do 15 de agosto no exterior do Paladium, en Vilamartín

 

Dende as seis da tarde e ata pasadas as seis da mañá (acabalo entre o 15 e o 16 de agosto) os exteriores do Complexo Hostaleiro Paladium, en Vilamartín de Valdeorras, acollían a GOOM Urban Edition, “o maior festival urbano da provincia e o primeiro realizado na comarca de Valdeorras”. Unha gran festa ambientada en música urbana e electrónica, especialmente orientada para a xuventude e organizada por GOOM, unha promotora de eventos de nova creación.

 

Os organizadores.
Público asistente.

 

Tal como estaba previsto, polo escenario ‘Open Air’ do festival pasaron unha docena de dj´s nacionais e locais, entre eles grandes figuras do xénero urbano e electrónico como PabloNez, Sevi Sanchez ou TaydLeon.

Dentro do propio recinto había zonas de descanso ‘Chill out’, zona de bar para beber e tamén  comer. “A nosa intención en crear un espazo máxico no que os mozos poidan gozar dunha tarde/ noite de música e bo ambiente na comarca”, aseguraban dende GOOM, días antes do evento e, a xugal pola noite vivida, cumprían obxectivos.

 

 

Para facilitar o acceso, dende a organización puxeron servizo de autobús con saída de tarde dende O Barco e A Rúa e regreso de madrugada aos mesmos puntos.

Dende a organización tamén agasallaban aos asistentes cun sombreiro e poñían á venda merchandising cuxa recadación irá destinadas aos afectados polo incendio que arrasou a comarca de Valdeorras. Dende GOOM especifican que o 50% será para axudas directas para os afectados a través de Cruz Vermella; e o outro 50% para a protectora Peludines Callejeros de Valdeorras “que están pasando uns días moi complicados coa aparición de novos animais tralos incendios”, aseguran.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button