EconomíaEconomíaÚltima hora

A modista barquense Marisu Miranda viste á pianista Isabel Pérez Dobarro

A música galega residente en Nova York recollerá mañá en Santiago o premio "Mulleres-Talento dende as orixes" da Secretaría Xeral de Igualdade

A pianista Isabel Pérez Dobarro.

 

Non é a primeira vez que actúa na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, pero desta volta faráo recibindo ademais un galardón. A pianista galega Isabel Pérez Dobarro recollerá mañá, venres 6 de marzo, o premio “Mulleres-Talento dende as orixes” que entrega a Secretaría Xeral de Iguadade, nun acto no que tamén tocará algunha peza ao piano. E faráo cun traxe da modista galega Marisu Miranda, natural do Barco de Valdeorras.

 

A modista barquense Marisu Miranda. /Foto: John Barragan Fotografía.

 

Ámbalas dúas artistas residen en Nova York (EE.UU.) e alí foi onde se coñeceron. Tal como explica a Marisu Miranda (modista, empresaria, ilustradora,…), a pianista sempre viste con prendas de modistos galegos, e nesta ocasión faráo cun vestido seu, un lino “inspirado en encaixes galegos e con estilo español”, puntualiza a barquense, asegurando que tanto ela como Isabel son grandes apaixoadas da súa terra, promocioándoa sempre que poden. “Neste mes irá a outros actos con traxes meus e ademais estame axudando a exhibir a miña exposición das Dúas Marías e da muller española. É unha gran colaboración”, conclúe orgullosa Marisu.

Natural de Santiago de Compostela e graduada en Dereito (tamén estudou Relacións Internacionais en Harvard), Isabel Pérez ten un amplo currículo profesional, chegando a falar en dúas ocasións na Asemblea Xeral da ONU. Como pianista tocou por medio mundo participando asemade na xira navideña de Carlos Núñez.

 

A pianista lucirá un destes vestidos de Marisu Miranda.

Artigos relacionados

Back to top button