CulturaCulturaÚltima hora

A monologuista Sara Escudero actuará este sábado no Barco e o domingo en Trives

Estará no Teatro Lauro Olmo o día 7 ás 21h. e ao día seguinte no Auditorio Xulio Vázquez ás 18h.

 

A monologuista e actriz Sara Escudero visita a provincia de Ourense no marco da súa xira Escutour 2020. Este venres actuará en Allariz e mañá sábado estará, a partir das 21h., no Teatro Lauro Olmo do Barco. As entradas están á venda en Ton y Son 10€ e na billeteira do teatro dende ás 20h a 12€.

Ao día seguinte, 8 de marzo, e dentro das actividades previstas polo Concello da Pobra de Trives para celebrar o Día da Muller, esta actriz estará sobre o escenario do Auditorio Xulio Vázquez ás 18h. As entradas están á venda na Cafetería Quintela e Cafetería Sky da Pobra de Trives e no Supermercado Claudio e no Hostal O Pendón de Manzaneda. O prezo da entrada anticipada 10 euros e 12 euros en taquilla.

Escucdero comenzaba en 2007 facendo monólogos, gañadora en 2013 do certame do “Club de la Comedia”, pasando logo por Comedy Central, “la Noche de Mota” e “Zapeando” (en la Sexta), “Atrévete Dial”, “Sígueme el rollo” (Ten Tv), “Hazte un selfi” (Cuatro), “Cero historia” (Cero, Movistar), “Arranca en verde” (TVE1), “Dfiesta” (La 2) e “El Intermedio” (la Sexta).

Artigos relacionados

Back to top button
Close