CulturaCulturaÚltima hora

A montaxe da película “A Esmorga”, en Petín

O director do filme, co montador, en Petín.

O equipo da película “A Esmorga” vén de cambiar as rúas de diferentes puntos das provincias de Ourense e Lugo polas salas do Tele-Club de Petín. É neste concello valdeorrés onde se está a realizar a montaxe deste filme, baseado na novela homónima de Eduardo Blanco Amor. “Estaremos realizando a montaxe ata mediados de maio”, asegura o director da longametraxe, o valdeorrés Ignacio Vilar. Xunto a el está en Petín o montador José Manuel G. Moyano.

Esta película, que se prevé que chegue ás salas de cine no último trimestre de 2014, está interpretada por Miguel de Lira (Somos gente honrada –Premio Mestre Mateo á Mellor Interpretación masculina protagonista; Karra Elejalde (8 apellidos vascos, También la lluvia –Premio Goya á Mellor Interpretación masculina de reparto) e Antonio Durán “Morris” (Doentes, El menor de los males).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button