CulturaCulturaÚltima hora

A mostra “Aquela nena de Sarria” recala en Quiroga

Poderá visitarse entre o 21 e o 25 de xuño na sala de exposicións do Concello

 

A sala de exposicións do Concello de Quiroga acollerá a mostra itinerante “Aquela nena de Sarria, Xela Arias” dende o 21 ata o 25 de xuño .

Esta exposición, organizada polo colectivo Egeria co patrocinio da Xunta de Galicia, a través do programa o Teu Xacobeo, está composta por una ducia de paneis ilustrados con fotografías persoais e debuxos que retratan a etapa lucense da poetisa á que se lle adicou este ano o Día as Letras Galegas, Xela Arias. A exposición inclúe fotografías facilitadas pola familia de Xela e unha serie de debuxos da pintora lucense Sabela Arias.

Esta mostra, que xa leva recorrido numerosos centros educativos varios municipios galegos .En Quiroga abrirase ao público o vindeiro luns, día 21, ás 12:30 h.

Artigos relacionados

Back to top button