CulturaCulturaÚltima hora

A mostra “Crónica de maio-París 1968”, do barquense Jesús Díaz, chega a Muros

Poderá visitarse no Centro Patrimonial de Sel do 11 ao 25 de xullo e despois instalarase na Universidade da Coruña
Dúas das obras desta exposición./ Foto: Carlos G. Hervella.

Tras a súa inauguración no Barco a finais de abril e logo de pasar pola igrexa da Universidade de Santiago de Compostela, a exposición pictórica “Crónica de maio-París 1968” continúa movéndose por Galicia. Así a mostra, producida polo Concello do Barco baixo a curadoría de Luis Enrique Rodríguez Arias, inaugurarase o 11 de xullo no Centro Patrimonial de Sel en Muros (A Coruña), onde estará instalada ata o 25 deste mes.

Entre o 30 de xullo e o 14 de setembro poderá verse no espazo Normal, da Universidade da Coruña, no paseo da Ronda da cidade herculina. Do 19 de setembro ao 5 de outubro as obras do pintor barquense colgarán na sala da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte. Xa a comezos de 2019 a mostra estará na provincia de Ourense, concretamente na sede da Fundación Vicente Risco de Allariz e no Liceo de Ourense, onde Díaz Ferrer fixera a súa primeira exposición de pinturas en 1945 apadriñado precisamente por Vicente Risco.

Esta exposición está composta por 44 obras do autor valdeorrés sobre o acontecido en París, onde el vivía, durante as revoltas de maio de 1968.

Artigos relacionados

Back to top button