En portadaÚltima horaVídeos

A Mostra de Artistas da Comarca, que se celebra en Petín, conquista ao público

Reúne a obra de 9 creadores valdeorreses e poderá visitarse tamén o domingo entre as 20h. e as 23h.

 

Numerosas persoas percorrían a partir das 20h. deste sábado 14 de agosto o interesante circuíto de obras que compoñen a segunda edición de MARCO (Mostra de Artistas da Comarca) no casco vello de Petín. Nesta sala de arte ao aire libre poden verse as obras de nove artistas valdeorreses: a do pintor rues Lito (Alva), a da barquense Emma Traba e a petinesa Alba Aizpuru (debuxo hiperrealista), así como a dos escultores Xelo de Tremiñá (O Barco), Manuel Conde (Córgomo, Vilamartín de Valdeorras) e Torino (Petín), xunto coas da creadora ruesa Carina (pintura e deseño), do pintor barquense Jesús Díaz Ferrer (1922-2017) e do rues Roberto Roberto Álvarez.

 

 

Esta iniciativa que aposta pola arte no rural está promovida dende o Concello de Petín e forma parte do “Verán Cultural” deste municipio. A súa alcaldesa, Raquel Bautista, conta que este proxecto naceu o pasado como unha alternativa para dinamizar este municipio e resalta a boa acollida que está a ter tanto entre os creadores (pasando dos 3 artistas do 2020 aos 9 participantes nesta edición) como entre o público.

 

 

“O obxectivo é poñer en valor a arte da comarca”, sinala Amancio Díaz, un dos organizadores de MARCO, quen tamén destaca o esforzo para poder levar adiante este proxecto e xuntar en Petín a obra destes autores.

MARCO poderá visitarse tamén mañá domingo 15 de agosto en horario de 20h. a 23h.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:
https://osil.info/a-arte-apoderase-das-ruas-de-petin-no-ii-marco/

Artigos relacionados

Back to top button