ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A mostra de traxes “Douche a Galbana”, na sala de exposicións do Concello de Viana

A colección foi creada pola artesá vianesa Nieves Fernández Vidueira

Este ano, no Domingo Gordo, o Folión de Quintela do Pando desfilou polas rúas de Viana do Bolo cunha comparsa moi especial, con peculiares traxes elaborados artesanalmente con todo tipo de materiais naturais. Da man da artesá vianesa Nieves Fernández Vidueira, a colección leva por título “Douche a Galbana” e dende o 28 de marzo pode verse na sala de exposicións do Concello de Viana.

Veciña de Quintela do Pando, Nieves é unha muller polifacética que igual coida o gando que escribe poemas ou crea esculturas, facendo verdadeiras obras de arte con todo o que a rodea. Nesta mostra, céntrase en materiais como madeira, flores ou musgo para crear uns peculiares e vistosos traxes.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button