CulturaCulturaSen categorizar

A Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU) celebrarase en Ourense entre os días 3 e 15 de xullo

Dende a organización afirman que será máis pequena, pero que non perderá a esencia do evento

A Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU) celebrarase en Ourense do 3 ao 15 de xullo. Dende a organización afirman que será unha MITEU máis reducida, pero “terá a esencia dese evento que leva na cidade 25 anos e polo que pasaron centos de grupos de preto de 50 países, miles de participantes e centos de miles de espectadores”.

 

Durante unha das pasadas edicións.

 

Así, a organización aclarou que actividade poderá celebrarse grazas ao apoio da Universidade, da Deputación Provincial de Ourense (Teatro Principal) e da Xunta; mentres que lamenta a actitude do Concello de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button