SanidadeÚltima hora

A mostra itinerante “Prevención da obesidade. Alixeira a túa vida” chega ao Barco

Na explanada do Malecón está o tráiler que a alberga e poderá aínda visitarse esta tarde de 16h. a 19h
Imaxe da exposición./ Foto cedida.

O tráiler que alberga a exposición “Prevención da obesidade. Alixeira a túa vida” recala neste 29 de outubro no Barco, en concreto na explanada do Paseo do Malecón. Esta mostra, promovida pola Fundación para o Estudo da Obesidade SEEDO coa colaboración de Supermercados Gadis, podía xa visitarse pola mañá e pola tarde estará aberta cun horario de 16h. a 19h.

Nesta mostra inclúense contidos multimedia, imaxes e textos didácticos adaptados a todos os públicos. Hai monitores especializados serven de guía para os visitantes. Está estruturada en tres bloques: pautas para seguir unha dieta sa e equilibrada e a práctica de actividade física; claves para lograr un consumo seguro e sostible e información para diminuír ou evitar o desperdicio alimentario nos fogares.

A ruta desta exposición itinerante percorre máis de 30 localidades de Galicia e Castela e León, ubicándose en zonas céntricas para que a mensaxe que se pretende transmitir chegue a un maior número de personas.

Artigos relacionados

Back to top button