ConcellosÚltima hora

A mostra “Peregrinatio. O camiño de San Francisco a Santiago” chega a Verín

O proxecto expositivo compleméntase cun concerto o venres 5 de decembro na Casa da Cultura
Inauguración da exposición en Verín.
Inauguración da exposición en Verín.

Ata o vindeiro 10 de decembro, a sala de exposicións de Verín acolle “Peregrinatio. O Camiño de San Francisco a Santiago”, a mostra conmemorativa do VIII Centenario de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela. A exposición, que era inaugurada na tarde do 1 de decemmbro polo xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez, ofrece “unha interpretación de gran beleza sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno da peregrinación”.

As fotografías e a peza musical que a integran foron realizadas polos artistas galegos Manuel Valcárcel e Alexandro González no seu viaxe a través de Italia, Francia, o norte de España e a Galicia xacobea, seguindo a mesma ruta que san Francisco percorreu hai 800 anos.

O proxecto expositivo compleméntase co concerto “Camiños da guitarra clásica galega” o venres 5 de decembro ás 20:15h no Salón de actos da Casa da Cultura de Verín. Trátase dun concerto dirixido e interpretado polo músico e investigador Samuel Diz que fai un percorrido polo pasado, presente e futuro da guitarra galega.

Artigos relacionados

Back to top button