CulturaCulturaÚltima hora

A mostra pictórica “Crónica de maio-París 1968” do barquense Díaz Ferrer, en Allariz

Ata o vindeiro 31 de marzo poderá visitarse na sede da Fundación Vicente Risco
Un dos momento do acto inaugural da exposición en Allariz./ Foto cedida por Luis Enrique Rodríguez.

Na tarde do 22 de febreiro tiña lugar na Fundación Vicente Risco de Allariz a inauguración da exposición pictórica “Crónica de maio-París 1968” do artista valdeorrés Jesús Díaz Ferrer (O Barco, 1922-Concud, Teruel, 2017). O acto contaba coa presenza da concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, así como do concelleiro de Cultura de Allariz, do vicepresidente da fundación e do curador da mostra, Luis Enrique Rodriguez “Coquixo”.

Esta mostra, producida polo Concello do Barco, está composta por 44 obras do autor valdeorrés. Poderá verse en Allariz ata o 31 de marzo en Allariz na Fundación Vicente Risco, cun horario de 12h. a 14h. de sábado a domingos.

 

Artigos relacionados

Back to top button