CulturaCulturaÚltima hora

A mostra “Saudade de soños” de Lola Doporto, ata o 28 de novembro en Ourense

 

Unha semana máis prolongarase a exposición da pintora valdeorresa Lola Doporto, “Saudade de Soños”, no Centro Cultural Marcos Valcárcel en Ourense. Así os cadros desta artista de Millarouso O Barco) permanecerán expostos ata o 28 de novembro, servindo ademais de marco para diversos actos como os que está a desenvolver nestes días o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, entre elas presentacións e catas.

Por outra banda, no marco desta retrospectiva, Lola Doporto recibía a proposta de realizar a portada da revista número seis de “Nós xente do Redor”. “Por soposto dixen que si”, conta a creadora, é un gusto facela, sairá en xaneiro”. As portadas desta publicación teñen incluído anteriormente traballos de Paco Ascón, Maite Vázquez, Miguel Coello e Anton Pulido.

Doporto tamén fai un balance moi positivo do que é xa a súa segunda exposición na cidade das Burgas no que vai de ano. “Estou moi contenta e sempre agradecida… vai moita xente para visitala e gusta moitísimo. Desfrútano e emociónanme as cousas que me din”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button