DeportesÚltima hora

A Motoxeada 2018 quenta motores

O encontro moteiro invernal celebrarase do 14 ao 16 de decembro en Fonte da Cova
Imaxe da Motoxeada 2017. /Foto: Carlos G. Hervella.

Despois do éxito das pasadas edicións dende o grupo moteiro Balas Rasas e a asociación Motoxeada, en colaboración co Concello de Carballeda de Valdeorras, téñeno xa todo preparado para a Motoxeada 2018, a concentración motorista invernal galega que se celebrará do 14 ao 16 de decembro en Fonte da Cova (Trevinca).

Coma sempre, a xuntanza incluirá un completo programa de actividades para os asistentes. Dende merendas, ceas e festas moteiras, ata rutas turísticas, sesión vermú e mesmo fogos artificiais en homenaxe aos moteiros caídos, sen esquecer o tradicional e ben acollido, porco ao espeto.

Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo e en www.facebook.com/motoxeada/.

 

Artigos relacionados

Back to top button