EconomíaEconomíaÚltima hora

A música de Abertal e de Sorcha animará o 7 de xuño a “V Noite dos Descontos” na Rúa

Oito establecementos participarán nesta iniciativa de promoción do comercio local, que incluirá produtos de tempada a prezos rebaixados, degustacións e animación nas rúas
Un dos establecementos participantes na “Noite dos Descontos” da Rúa o pasado ano./ Foto: Mónica G. Bellver.

Na tarde e noite do vindeiro 7 de xuño terá lugar na Rúa unha nova edición da “Noite dos Descontos” coa participación de oito establecementos que nese día ampliarán o seu horario ata a medianoite e ofrecerán produtos tempada a prezos rebaixados (no horario de 20h. a 24h.) e degustacións diversas (petiscos, aperitivos, froita, doces, bebida…) aos seus clientes para dinamizar dese xeito as compras. Ademais haberá animación nas rúas desta vila valdeorresa coas actuacións da Banda de gaitas de Abertal e da Charanga Sorcha.

Nesta quinta edición da campaña, promovida dende a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) en colaboración co Concello da Rúa, participarán Deportes Aris, Perfumería Compostela, Mercería Raquel, Confecciones Rosendo, Tri-Sport, Okre, Fíos e Arnaveca Comunicación.

O lema desta singular proposta promocional pola que aposta o comercio rues é “Pasa unha noite de lecer na Rúa”. Estes comercios estarán identificados no exterior cunha decoración especial, como en ocasións anteriores, e mesmo algúns exporán os seus produtos na rúa para achegarse tamén deste xeito ao público.

Artigos relacionados

Back to top button