CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A música de raíz regresará neste outono ao Castelo de O Bolo

O festival celebrarase o 30 de outubro sen público e será retransmitido a través de YouTube

A escola de gaitas do Concello de O Bolo, nunha edición anterior do festival, antes da pandemia. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Pouco a pouco e con moitas restricións, pero vanse recuperando as citas culturais. Tamén no Castelo de O Bolo que este ano volverá acoller o festival de música de raíz organizado polo director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, tal como confirman dende o Concello.

Malia que nun principio estaba previsto para comezos de setembro, finalmente será o 30 de outubro cando as diferentes agrupacións, locais, nacionais e internacionais, actúen na fortaleza nun acto que se celebrará sen público e que será retransmitivo a través de YouTube.

 

Artigos relacionados

Back to top button