ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

A música de Tor, acompañada polo banjo do barquense Ángel Ruiz, no Barco

 

Muiñeiras, xotas, alboradas, valses ou mazurcas. Tor é un grupo galego cuxo repertorio bebe da tradición oral galega, sobre todo da dos músicos do interior. Así o demostraban no concerto que ofrecían na noite do 12 de setembro no campo da festa do Barco xunto ao banjo do barquense Ángel Ruiz, que os acompaña no seu último disco.

Este concerto, no que non faltaba tampouco o baile tiña lugar nunha carpa con aforo limitado e gardando todas das medidas de seguridade sanitarias fronte ao Covid. A actuación forma parte do pograma cultural “O Cristo 2020”, promovido polo Concello do Barco.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button