CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A música de Xabier Díaz pechará o programa “Trevinca, o Camiño das Estrelas” na Veiga

Esta iniciativa, que terá lugar entre os meses de setembro e decembro, incluirá música, gastronomía e astronomía

Xabier Díaz, xunto aos irmáns triveses Álvarez, e as Adufeiras de Salitre./ Foto: Carlos G. Hervella.

Actividades culturais, musicais e de divulgación científica durante tres fins de semana entre os meses de setembro e decembro. Son as propostas incluídas no proxecto “Trevinca, O Camiño das Estrelas”, que se desenvolverá na Veiga.

“Dende o Concello pretendemos ir da man da hostelería e dos produtores locais para facer tres fins de semana que persigan tres obxectivos: a posta en valor dos nosos produtos locais, o noso ceo e a nosa cultura por medio da música”, segundo se indica dende o Concello da Veiga.

Este programa, que forma parte do proxecto O teu Xacobeo, principiará na noite do venres 20 de setembro con actividades de astronomía, o sábado día 21 está prevista unha ruta turística polas Lagoas de Ocelo ás 12h. e pola tarde, ás 19h. actuará o grupo folk Coanhadeira. Este concerto irá seguido de máis propostas relacionadas coa astronomía.

Xa o 11 de outubro haberá máis propostas astronómicas como observacións, o día 12 de outubro farase a “Ruta dos Bocados” ás 22h. e ás 24h. actuará Brañas Folk. Finalmente o 13 de decembro realizarase unha cea temática seguida de observación astronómica e o día 14 unha nova Ruta dos Bocados ás 22h. e ás 23h. terá lugar un concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre.

Artigos relacionados

Back to top button