CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

A música sacra entra en “De Perto” coas voces do Orfeón Valdeorrés

Ofrecía un concerto, no que tamén incluía pezas populares, na tarde do 14 de xuño na igrexa de Vilanova (O Barco)

Composicións de carácter popular e música sacra marcaban o concerto que o Orfeón Valdeorrés ofrecía na tarde do 14 de xuño na igrexa de Santa María de Vilanova (O Barco) no marco do ciclo De Perto. Esta formación coral, que dirixe José Ramón Mansilla, abría o repertorio coa peza “A solas tú y yo” (R. Guirao), seguida da canción galega “Foliada das olas” (J. Domínguez), “Ojos brujos” (G. Roig), “Los nardos” (F. Alonso) e “María, la portuguesa” (C. Cano).

A actuación proseguía con temas como “Melodías antillanas” (A. Bernabeu), “Rosina” (G. Casielles) e “Con sabor tropical” (J. Domingo).

 

 

Xa na última parte, o repertorio entraba directamente na música sacra con composicións como “Panis angelicus” (C. Franck), “Christus factus est” (A. Bruckner), “Tollite hostias” (C. Saint-Saëns) e, finalmente, “Señor, me cansa la vida” de J. Alfonso García. Nalgúns destes temas tan só interviñan as voces masculinas do orfeón.

Esta era a terceira proposta musical do programa de De Perto, organizado pola Concellería de Cultura do Barco, que continuará o vindeiro venres 21 de xuño coa narración oral do camerunés Boniface Ofogo. Será ás 20:30h. nos Xardíns da Casa Grande de Viloira.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close