A música galega máis tradicional volvía soar na tarde deste sábado 30 de outubro no Castelo de O Bolo, coa celebración do IV Festival Medieval que reunirá a preto de cen músicos nunha cita na que se rendía homenaxe ao polifacético gaiteiro coruñés Xosé Casal, cuxo autorretrato figura no programa do evento.
Un programa que, dirixido por Manola Porto, comezaba en torno ás 17:30 horas incluíndo as actuacións da Banda de Gaitas de O Bolo, do romanceiro de Aceveda, de Xabier Franco, de María do Ceo, das Cantoras de Trives, do grupo de zanfonas da Escola Provincial de gaitas e dos Gaiteiriños da Coruña homenaxeando a Xosé Casal.
O evento incluía asemade a actuación das Cantareiras da Real versionando o Romance de Dona Urraca; de Jacinta Fernández Alonso, cantareira da seitura de Lentellais; e do gaiteiro Xan Carlos Rilo, pechando o festival unha actuación conxunta da Real Banda e da Banda de Gaitas de O Bolo.