PolíticaÚltima hora

A nacionalista María Albert, a primeira dos candidatos valdeorreses en votar

 

Ás dez e media da mañá deste domingo 12 de xullo exercía o seu dereito ao voto na Rúa María G. Albert, número 3 da candidatura do BNG por Ourense. Facíao no colexio electoral situado na rúa Progreso.

“É unha xornada difícil e atípica, pero moi ilusionante para nós, con ganas de que muden as cousas neste país. Consideramos que non son as mellores cndicións para votar, só hai que ver o colexio no que veño de votar, que non reúne as mínimas condicións para poder exercer o dereito ao voto, non ten nin baño, nin nada”, aseguraba María Albert, tras depositar o seu voto na urna.

Aínda así, a candidata nacionalista indicaba que, “dentro das dificultades que ten esta situación tan especial, agardamos que o BNG obteña un bo resultado e que hoxe haxa cambio neste país”, concluía.

Artigos relacionados

Back to top button