PolíticaÚltima hora

A nacionalista María González Albert, a única valdeorresa no Parlamento galego

 

Neste martes 8 de setembro tiña lugar a sesión solemne de apertura da XI Lexislatura do Parlamento galego. Nesta recén estreada lexislatura a única deputada valdeorresa da Cámara será a concelleira ruesa María González Albert, que tomaba posesión do seu cargo o 1 de setembro, na primeira sesión do debate de investidura.

Albert era a única dos 75 deputados da Cámara galega que non puidera tomar posesión do seu cargo na sesión constitutiva do Palarmanto de Galicia o 7 de agosto, debido ao avanzado do seu embarazo. Case un mes despois, ocupaba o seu escano como deputada do BNG pola provincia de Ourense, tras pronunciar a seguinte fórmula, dende o seu escano:  “Prometo por imperativo legal, cumprir e facer cumprir a Constitución e o Estatuto, así como defender as liberdades públicas e os dereitos nacionais e sociais do pobo galego”.

Nese intre adquiría a condición plena de deputada e recibía a benvida por parte do presidente da Cámara, o tamén ourensán Miguel Ángel Santalices.

 

Artigos relacionados

Back to top button