PolíticaÚltima hora

A nacionalista Noa Presas pregunta no Parlamento por que non se abre a base de helicópteros de Vilanova (O Barco)

A deputada asegura que a Xunta segue “dando largas a pesar de afirmar que as obras serán de maneira inmediata pero constatamos que prorrogan unha e outra vez as súas promesas”
A deputada do BNG Noa Presas durante unha visita realizada á base de Vilanova (O Barco) neste verán./ Foto: Carlos G. Hervella.

Unha vez máis a deputada do BNG por Ourense no Parlamento galego vén de pedir explicacións sobre a non reapertura da base de helicópteros contraincendios de Vilanova (O Barco) malia existir un acordo parlamentario tomado de maneira unánime para poñela en marcha de novo. Desta volta é cunha pregunta formulada na Cámara galega.

Presas tildou de “insultante” o desleixo da Xunta de Galicia “despois dun ano e transcorrida toda a temporada de alto risco de incendios. A Xunta segue dando largas a pesar de afirmar que as obras serán de maneira inmediata pero constatamos que prorrogan unha e outra vez as súas promesas polo que instamos ao responsable de Política forestal, Tomás Fernandez Cout, a que deixe de mentir e acometa canto antes as obras necesarias”.

Para a parlamentaria do BNG, a intervención de Fernández Couto na comisión celebrada no Parlamento galego confirmou que o BNG foi o impulsor do acordo parlamentario sen o cal non habería información sobre este asunto e todo permanecería paralizado.

Presa cualificou de “reprobable” a actitude de Fernández Couto e reiterou que “a base debe ser recuperada porque a súa inoperancia no ano 2018 representa unha grande perda de tempo e actividade e advertiu que afortunadamente, non se produciu ningunha traxedia. A Xunta debe ser responsable e non agardar a que esa traxedia se produza”.

Artigos relacionados

Back to top button