A nave de procesado da Cooperativa Amarelante, en funcionamento

Esta infraestrutura, construída en Manzaneda, supuxo un investimento total de 170.000 euros
Instalacións de Amarelante SCG, con sede en Manzaneda./ Foto: Natalia Nogueira.

Instalacións de Amarelante SCG, con sede en Manzaneda./ Foto: Natalia Nogueira.

Coincidindo co comezo campaña de castañas, Amarelante Sociedade Cooperativa (SCG) de Manzaneda pon en marcha o seu Centro de Conservación e Transformación de Castaña. A súa apertura supón “un paso fundamental” na aposta desta cooperativa “pola revalorización das castañas”.

No desenvolvemento desta iniciativa comezará coa transformación deste froito de outono a través do secado. “Trátase dun proceso no que se require dunha maquinaria especial instalada xa na nave (calibradora, secadeiro, moega receptora, peladora…). Esta actividade complementarase coa recollida e merca de castañas en fresco baixo o selo de Castaña de Galicia”, tal e como se avanza dende Amarelante SCG, que ademais pretende máis adiante “ampliar a transformación do seu produto producindo, por exemplo, fariña de castaña”.

A creación deste Centro de Conservación e Transformación de Castaña en Manzaneda requeriu un investimento total de 170.000 euros, dos que 80.000 foron para a compra da nave, 39.5000 para a merca de maquinaria e o restante para as reformas necesarias da instalación, proxecto e licenzas, segundo se detalle dende a cooperativa. O 40% dese importe total finaciouse a través de fondos europeos do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Sil-Bibei-Navea.

Recollida de castañas nos soutos da cooperativa./ Foto: Natalia Nogueira.

Recollida de castañas nos soutos da cooperativa./ Foto: Natalia Nogueira.

O proxecto de Amarelante nacía en marzo de 2013 co obxectivo de recuperar de soutos abandonados cun modelo de xestión de aluger/cesión. Actualmente conta con 10 socios que xestionan 7 hectáreas de terreo. Neste ano recibía o Premio á Promoción do Cooperativismo convocado pola Consellería de Traballo dentro dos Premios á Cooperación.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies