CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

‘A nena e o grilo máis aló’ de Magín Blanco, este domingo no Centro Cultural Avenida

O centro rues acollerá este espectáculo ás 16:45 horas da man de Teatro Ghazafelhos

 

O teatro regresa esta fin de semana ao Centro Cultural Avenida da Rúa. E faino co espectáculo A nena e o grilo máis aló, do cantautor rues Magín Blanco, que se celebrará o domingo, 4 de outubro, ás 16:45h. dentro da programación Cultura no Camiño da Agadic.

Trátase dunha obra intertactiva que porá en escena Teatro Ghazafelhos, formada por contos a través de cancións nos que a nena e o grilo trasladan ao público ao seu mundo no que todos poderán aprender e divertirse, xogar cantando, tirar fóra os prexuízos…

Pola seguridade de todos fronte ao Covid-19, o público deberá cumprir con todas as indicacións do persoal e coas medidas implantadas no Centro Cultural.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button