En portadaGalerías de fotos

A neve chega ás montañas ourensás

O branco cubre os cumes máis altos de Galicia. O 4 de novembro caían as primeiras nevadas do outono en montañas ourensás como as de Cabeza de Manzaneda, onde está situada a única estación de montaña da comunidade galega, e Trevinca. O brusco descenso das temperaturas, que levou o mercurio baixo cero, permitiu que as folerpas apareceran por primeira vez.

Nesta galería de imaxes pode verse a intensa nevada en Trevinca en puntos como o refuxio de montaña de Fonte da Cova e tamén nas instalacións da Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda (estas fotos foron cedidas por Oca Nova Manzaneda).

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button