En portada

A neve chega para quedarse

Protección Civil e Emerxencias alertan por nevadas e baixas temperaturas para a fin de semana e o luns na Galicia interior
A neve chegaba na mañá do 16 de xaneiro ata o Montouto, en Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.
A neve chegaba na mañá do 16 de xaneiro ata o Montouto, en Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Fíxose esperar, pero finalmente as folerpas veñen de tinguir de branco a xeografía ourensá. Comezaban a caír xa na noite do 15 ao 16 de xaneiro, cuallando xa nos puntos máis altos e deixando unha estampa tipicamente invernal. Pero a neve non está de paso. Vén para quedarse alomenos ata o luns na provincia de Ourense. Así o indican dende o Ministerio de Interior, que vén de alertar de nevadas e baixas temperaturas durante a fin de semana.

Ademais, segundo o comunicado emitido, “ao longo do luns 19, unha nova fronte fría atravesará a península e deixará novas nevadas en cotas en torno aos 600-700 metros nas metades norte e este peninsular”. Tamén se agarda un descenso acusado das temperaturas.

 

Paisaxe nevada dende a Estación de Montaña Oca Nova Manzaneda.
Paisaxe nevada dende a Estación de Montaña Oca Nova Manzaneda.

O branco domina xa nos cumes de Trevinca e tamén na Estación de Montaña de Manzaneda, a única da comunidade galega, que conta nestes momentos cun total de 17 pistas abertas e con 13 km esquiables. Así as pistas abertas son: Xeixo, Charrelas, Fontefría, Das Antenas, Manolo, Xabarin, Regato, Paso Perdices, Bello, Cuchara, Pluviómetro, Pluviómetro 2, Refugio, Lusitania, Barbeirón, Do Río e Das Lebres.

O tipo de neve é po, cun espesor máximo de 20 cm e un espesor mínimo de 10 cm. Para máis información: http://www.manzaneda.com

 

Fotos: Estación de Montaña Oca Nova Manzaneda.

A Estación de Manzaneda ten 17 pistas abertas.
A Estación de Manzaneda ten 17 pistas abertas.
Outra das zonas da estación.
Outra das zonas da estación.

Artigos relacionados

Back to top button