CarballedaConcellosÚltima hora

A neve complicaba a circulación na OU-122 en Fonte da Cova

 

A neve caída nas últimas horas nas zonas altas da provincia de Ourense complicaba a circulación en Fonte da Cova (Carballeda de Valdeorras) na estrada OU-122, que chegaba a cortarse ao tráfico a primeira hora da tarde entre os quilómetros 20-26 en ambos sentidos, segundo a información da Dirección Xeral de Tráfico (DXT).

Patrullas do Destacamento da Guardia Civil de Tráfico do Barco encargábanse de regular a circulación neste punto. Pola tarde, a DXT comunicaba unha nova incidencia nese mesmo punto, informando dunha “circulación condicionada” en ambos sentidos pola nevada.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button