En portadaÚltima hora

A neve dificulta o desprazamento por estrada na Pobra de Trives

Estado da estrada de Trives na mañá deste sábado. /Foto: Concello da P. de Trives.

 

A intensa neve caída sobre o municipio da Pobra de Trives dificultaba o desprazamento por estrada na mañá deste sábado 5 de decembro. Por iso, dende o Concello emitían a través das redes sociais unha nota para os veciños.

“Se precisades mercar medicamentos, comida…, dado o estado das estradas, podedes poñervos en contacto con nós por este medio (Facebook) ou no teléfono 696.252.517 e levámolos dende o Concello”, indican, lembrando que “por cousas coma esta vimos reivindicando da Xunta de Galicia unha quitaneves que non ten ningún concello da contorna e que deberían traer a Trives, capital da comarca para dar cobertura á zona”.

 

Foto: Carlos Temes.

 

Artigos relacionados

Back to top button